sábado, 19 de outubro de 2013

X Congreso internacional sobre a ensinanza da Educación Física e o Deporte Escolar

Invitáronme a impartir un obradoiro de circo no X Congreso internacional sobre a ensinanza da Educación Física e o Deporte Escolar organizado polo FEADEF (Pontevedra do 5 ó 8 de setembro de 2013). A esperiencia foi fantástica e moi enriquecedora. Tiven a oportunidade de compartir experiencias coas personas asistentes ó mesmo, coñecer grandes profesionais e investigadores dos que aprender e compartir métodos e filosofía de traballo con eles e, como non, facer boas amizades e recuperar outras da miña época de estudiante (Antonio Zarauz, isto vai por ti amigo!).
Despois das vacacións, esta foi a mellor maneira de comezar o novo curso escolar. Déixovos a continuación a presentación que fixen para o obradoiro e, tan pronto me pasen as fotos, subirei as máis representativas.
Este Congreso deume a oportunidade de pechar cun broche de ouro o obradoiro realizado no meu centro, xa que acudín co meu alumnado (só puideron vir seis) e tiveron a oportunidade de por en práctica o aprendido e axudarme a explicar as tarefas prácticas. Para eles foi moi importante verse capaces de aprenderlles a alumnos e alumnas universitarios, profesores e profesoras de diferentes niveis educativos (incluso universitario) e persoas de diversas comunidades autónomas e nacionalidades, todo aquilo que tanto lles gustou aprender durante o curso pasado. Víronse competentes e a miña valoración é de sobresainte, xa que comportáronse en todo momento con entereza e disposición, tanto na preparación do espazo e o material de traballo, como na dirección das tarefas propostas ás persoas asistentes.
  • Presentación Obradoiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario