Levo
tempo pensando que debemos trazar pontes entre os diferentes niveis do
ensino (primaria, secundaria, ciclos formativos, universidades), co fin
de compartir as nosas realidades, nutrirnos das nosas experiencias e
así, enriquecer o noso saber, sempre no camiño de desenvolver a nosa Competencia Motriz,
esa grande esquecida por todas as leis educativas (aínda que sempre
implícita) e tan necesaria no noso quefacer diario. Moitos compañeiros e
compañeiras xa compartimos materiais e experiencias a título persoal,
por iso nace pontEF no CaMiño, para poder achegar a quen queira,
en especial ós centros educativos sostidos con cartos públicos, as nosas
vivencias e o noso pouco ou moito coñecemento da materia de Educación
Física, tentando abordala dende unha metodoloxía o máis cooperativa
posible, onde tentemos dar ó noso alumnado o máis diverso bagaxe motriz
e a maior responsabilidade posible dentro da súa aprendizaxe.
Agardo,
cos comentarios de toda a comunidade educativa, en especial cos dos
meus compañeiros e compañeiras e cos do meu alumnado e a súas familias,
poder mellorar na miña tarefa como profesor e facer a materia máis atractiva.
A primeira colaboración, sen a que este blog non podería ver a luz, foi a de Luís Quinteiro (profesor de EF) que, co seu tempo e o seu saber, deseñou este blog para que, pouco a pouco, poda ir enchendo de contidos. A
segunda, a dos compañeiros e compañeiras que xa levan anos permitíndome
aprender grazas a fantásticos blogs que hai en internet e que irei
referenciando aquí.
Gracias por compartir o teu bo traballo. O feito transluce coherencia e valores. O que está por facer agardo que inclúa tamén investigación: precisamos crear coñecemento pedagóxico. Unha aperta.
ResponderEliminarGrazas Elo. Teño moita confianza en poder comezar a incluir investigacións e tentar aportar algún gran na creación de coñecemento pedagóxico. Alégrame poder contar contigo na súa procura. Penso que o Grupo de traballo que estamos creando pode aportar cousas moi interesantes.
EliminarApertas.
Espectacular a proposta do circo. Esperemos aceptación e compresión do significado deste proxecto no centro. Apertas
ResponderEliminarGrazas Luis. Pouco a pouco confiemos en facer camiño. Este ano hai dous centros máis a traballar en proxectos similares (un deles incluso implementou unha actividade extraescolar de circo a través da ANPA) e xunto co Grupo de Traballo que imos desenvolver este ano, penso que sairán cousas moi, moi interesantes nesta liña de traballo. Apertas.
EliminarNa miña opinión, este Proxecto do Circo abre moitas expectativas e brinda ó alumnado a oportunidade de aprender a responsabilizarse e valorarse a se mesmo, sendo moi motivador e de gran interese para a súa formación.
ResponderEliminarParabéns o seu director, Miguel A. Raposo, por ter o valor de levar a cabo este ambicioso proxecto, na medida que supón un cambio de metodoloxía e unha nova perspectiva dentro da EF.
Parabéns tamén ó alumnado implicado e comprometido co Proxecto do Circo. Con esta experiencia, desexovos moitos éxitos.
Ánimo para o vindeiro curso ¡¡¡
MCRCCDCS JUNCAL
Grazas polo comentario Merchi, e polo teu recoñecemento e apoio ó traballo. Xa comezamos o novo curso e o obradoiro, con novas incorporacións, e agardo verte na estrea do novo espectáculo. Apertas.
Eliminar